ESTÚDIO DE CARMEN & ANXO · GALIZA · PORTUGAL

Exposición de pintura experimental de CARMEN MARTIN en ZUCRE



O Café Zucre é un dos locais míticos e senlleiros de Ferrolterra. Unha cafetaría ampla e bonita na parte máis histórica de Ferrol (Magdalena 170). Teñen unha longa tradición de exposicións e Carmen Martín ten feito moitas entre as súas paredes. Os nosos amigos Teresa e Mapo ofrecéronlle a Carmen apresentar alí os seus últimos cadros de paisaxe, que están feitos cunha técnica (ou procedimento se utilizamos o termo técnico pictórico) moi novedosa: cadros pintados con cemento. Trátase de microcementos da empresa luguesa "A Vida". Un material feito para durar que dá aos cadros unha textura matérica poderosa, cun acabado mate único. Non todos os cadros desta exposición son feitos con este material, tamén hai acrílicos. Mais os resultados desta técnica novedosa poden disfrutarse ali mentres se toma un cafeliño.

Os cadros están á venta e teñen prezos mais que razonábeis. Podes axudar a Carmen a continuar co seu bo traballo mercándolle un.

Teléfonos para ventas: 657033782 e 665491386.

Enviar um comentário

0 Comentários