ESTÚDIO DE CARMEN & ANXO · GALIZA · PORTUGAL

Fin de curso da Casa da Muller

O pasado 24 de maio foi a exposición de fin de curso do obradoiro de debuxo e pintura que ESTUDIO DE CARMEN & ANXO impartiu na CASA DA MULLER durante o curso 2016-2017. É un obradoiro organizado só para mulleres, no que se percorre un camiño con diversos temas, desde o bodegón á paisaxe, pasando por retrato, espido... e técnicas diversas, como lápis ao acrílico ou o pastel. As nosas alumnas traballaron a reo e encheron cadernos e cadernos...

[gallery size="medium" columns="2" link="file" ids="1618,1619,1620,1621"]

A diferencia do ano anterior, no que tivemos unha ampla exposición durante moitos días na pequena sá de exposicións da propia Casa da Muller, nesta ocasión acordaron que todos os talleres terían unha representación efímera, só durante un día, no Centro Cultural Torrente Ballester.

No noso caso decidimos pendurar dun painel debuxos e pinturas feitas polas alumnas, e fixemos un acto colectivo de demostración -que foi un éxito rotundo- no que as alumnas -e o profesor- fixeron retratos da xente que ía pasando polo noso posto.

Aquí temos algunhas das fotos. Se para o ano repetimos obradoiro xa vos avisaremos. É de balde!

Enviar um comentário

0 Comentários