O curso dura desde outubro a decembro e toca un feixe de técnicas básicas, desde o collagraph e o carborundo ata a calcografía avanzada (augatinta de levantados) pasando polo linóleo, a punta seca, a augaforte electrolítica e electroquímica...
O profesor é Miguel-Anxo Varela, calígrafo, debuxante e pintor ferrolán, licenciado en Belas Artes por Barcelona. Mais abaixo deixámosvos o programa do curso e fotos da edición pasada.
IMPORTANTE: O PRAZO DE MATRÍCULA REMATA O 16 DE SETEMBRO DE 2015.
ORGANIZA: Concello de Ferrol
LUGAR: Centro Cultural Torrente Ballester (Ferrol)
PROFESOR: Miguel-Anxo Varela Díaz
HORARIO: de 5 a 8 da tarde.
GRUPOS: MARTES, MÉRCORES ou XOVES
PREZO: 20 euros (todo o curso)*
DURACIÓN: 3 meses (de octubre a diciembre)
FOLLA DE INSCRICIÓN E BASES DA CONVOCATORIA:
https://www.ferrol.es/04-taboleiroAnuncios-ampliar-es.aspx?id=155
* Materiales incluidos
PROGRAMA DO CURSO.
DE SETEMBRO A DECEMBRO: TÉCNICAS BÁSICAS (12 SESIÓNS):
INTRODUCCIÓN
O Gravado. Principios. Clasificación das técnicas de gravado. A imaxe invertida. Monotipos.
BLOQUE I – TÉCNICAS ADITIVAS
Carborundum e Collagraph I.
Carborundum e Collagraph II.
BLOQUE II – GRAVADO EN RELEVO
Linóleo e Xilografía I
Linóleo e Xilografía II
Linóleo e Xilografía III
BLOQUE III – GRAVADO EN OCO DIRECTO
Punta Seca en plásticos.
Punta Seca en metal e Lavis.
BLOQUE IV – CALCOGRAFÍA: AUGAFORTE, AUGATINTA E LEVANTADOS
Mordentes. Augaforte electrolítico.
Augaforte e augatinta.
Levantados: gravado ao aceite, ao azucre e alcol I.
Levantados: gravado ao aceite, ao azucre e alcol II.
Para máis información tamén podedes chamar a Cultura - Concello de Ferrol:
Tel: 981.944.180
e-mail: cultura@ferrol.es
Ou ao profesor (Miguel-Anxo):
Tel: 665 491 386
e-mail: anxova@gmail.com
0 Comentários