Os alumnos que vaian ir os martes comezan hoxe, día 7. Os que teñan turno do xoves comezan pasado mañá, o día 9 de abril.
MOI IMPORTANTE: OS ALUMNOS QUE AÍNDA NON TEÑAN PAGADOS OS 20 EUROS DA MATRÍCULA TEÑEN QUE PASAR POLO CONCELLO (CULTURA, 2º ANDAR) E PEDIR A CARTA DE PAGO PARA PODER FACER O INGRESO NO BANCO. ISTO TEN QUE ESTAR PAGADO NESTA SEMANA (DERRADEIRO DÍA, 10 DE ABRIL) OU PÉRDESE O DEREITO DE MATRÍCULA.
Os listados pódense achar na web do Concello de Ferrol, no TABOLEIRO DE ANUNCIOS.
Mais para faciltarvos a tarefa vouvos poñer eu aquí a adxudicación de turnos. Eu non teño inconvinte en que fagades permutas entre un e outro turno para poder acomodar o horario da mellor maneira. Nas clases de hoxe e o xoves 9 falaremos disto.
LISTADO DOS DOUS GRUPOS:
GRUPO DO MARTES: COMEZO 7 DE ABRIL
- Sendón López, Mª Carmen
- Bucley Pérez, Cleopatra A.
- Aramendia Catalán, Marta
- Cachaza Prieto, Yolanda
- Hoyo Suárez, Mª Jesús
- Veiga Freire, Nicolás
- Dulce Anca, Das -----------------------------------------até aquí a 1ª tanda de matrículas.
- Castro Fernández, Avelino
- Martín Romero, Mª Asunción
- Iglesias Navidad, Estela
- Rubín Iglesias, Ángel Carmelo
- López Botana, Carmen
- Saavedra Barcia, Pilar
- Barros Carnero, Marta
- Nodar Fernández, Mario
GRUPO DO XOVES, COMEZO 9 DE ABRIL
- Solano Molina, José Miguel
- Álvarez Porto, María A.
- Rey Díaz, Alejandro
- Díaz Sanjuán, Mª de las Mercedes
- González Piñón, Patricia
- Valdivieso Mateo, Mario
- Yáñez Leira, Oliva
- Vázquez Fernández, Mª Cristina
- Blanco Vázquez, Belén
- Rubio Parada, Concepción
- Varela Martín, Rosalía
- Serantes Freire, Josefina
Así xa sabedes cal é o grupo no que vos toca vir en principio, os listados definitivos xa os estableceremos na clase. E a continuación póñovos tamén o programa definitivo do curso e o material que tendes que traer xa o primeiro día se podedes.
PROGRAMA DO CURSO Trimestre: 13 sesións.
O Gravado. Principios. Clasificación das técnicas de gravado. A imaxe invertida. Monotipos.
Técnicas aditivas: Carborundum/Colaxe/Collagraph.
Carborundum/Colaxe/Collagraph II.
Técnicas subtractivas: Linóleo I.
Linóleo II.
Gravado directo: Punta Seca en plásticos.
Punta Seca en metal.
Augaforte electrolítico.
Augaforte e augatinta I.
Augaforte e augatinta II.
Gravado ao aceite, ao azucre e técnicas mixtas I.
Gravado ao aceite, ao azucre e técnicas mixtas II.
Preparación da exposición de final de curso.
MATERIAIS
Os materiais do curso, na súa maior parte, están incluídos. Parte deles son ferramentas de uso común na aula (compártense) como gubias, puntas secas, bruñidores-rascadores, tórculo, prensa vertical, cubetas, etc. Outra parte son materiais funxíbeis como placas metálicas (cobre e zinc), papeis, tintas, tarlatana, baños mordentes… Non obstante hai certos materiais que debe prover o alunado, e son os que detallo a continuación:
Bata, mandil ou roupa vella Para non manchar a roupa propia coas tintas e outros materiais do taller.
Caderno e bolígrafo/lápis Para tomar apuntes nas clases
Material de debuxo axeitado Para facer os bocetos previos ao gravado.
Luvas Poden ser desbotábeis
USO DAS FERRAMENTAS DO TALLER
O uso das ferramentas de gravado debe facerse con precaución e atendendo ás indicacións do profesor. En canto á utilización do tórculo, prensa vertical e fonte de alimentación eléctrica debe facerse sempre baixo a supervisión do profesor para evitar posíbeis danos. Non estará permitido sacar ningunha das ferramentas fóra da aula-taller.
1 Comentários
[…] Máis detalles sobre materiais a traer e programa do curso en: http://www.casaldearte.com/2015/04/07/comezamos-o-curso-de-grabado/ […]
ResponderEliminar