O Collagraph consiste en preparar unha matriz na que pegaremos a un suporte normalmente ríxido (por exemplo un anaco de taboleiro DM) unha serie de elementos que poden ser semellantes entre si ou totalmente heteroxéneos.
Cordas, madeiras, anacos de plástico, metal ou materiais vexetais poden combinarse a vontade dando grande riqueza ao resultado final. A única norma que soe respetarse é que os grosores dos elementos encolados sexan semellantes, para facilitar o entintado da matriz.
Para evitar cheiro a disolvente, na aula imos utilizar adesivos como a cola térmica, a cola de montaxe, o alquil ou cola de carpinteiro.
Se tedes algún destes adesivos da foto, ou outro semellante, como o alquil ou a cola de carpinteiro non dubidedes en traelos.
O traballo dividiráse en dúas fases. Na primeira xornada prepararemos a matriz cos elementos encolados e na segunda imprimiremos as estampas.
Resumo: Para a próxima semana tendes que traer TODOS:
- Algún adesivo dos recomendados que xa teñades na casa.
- Un suporte ríxido (madeira, taboleiro, chapa, plástico...) non moito maior de DIN-A4
- Cousas para pegar no suporte (cordas, madeiras, anacos de plástico, metal ou materiais vexetais) deberiamos tentar que os grosores sexan semellantes.
Aparte, lémbrovos aos novos que teredes que traer estas catro cousas para todo o curso:
Bata, mandil ou roupa vella Para non manchar a roupa propia coas tintas e outros materiais do taller.
Caderno e bolígrafo/lápis Para tomar apuntes nas clases
Material de debuxo axeitado Para facer os bocetos previos ao gravado.
Luvas Poden ser desbotábeis
Máis detalles sobre materiais a traer e programa do curso en: http://www.casaldearte.com/2015/04/07/comezamos-o-curso-de-grabado/
1 Comentários
Me parece genial esta pÁgina.gracias.un saludo.
ResponderEliminar